tag:blogger.com,1999:blog-84509633783574358852024-02-20T13:33:36.035-08:00Ruta do LoioPaso Miúdohttp://www.blogger.com/profile/17097282518186887790noreply@blogger.comBlogger1125tag:blogger.com,1999:blog-8450963378357435885.post-92067918169420067532011-09-30T04:40:00.000-07:002011-10-15T10:55:01.572-07:00CronicaO día 18 de setembro os membros de “Paso Miúdo” (con pouca xente, como vén sendo habitual ultimamente) volvemos a saír de ruta, esta vez a Paradela. Foi unha ruta fermosa á que non lle faltou de nada; muíños, fragas, carballos milenarios, ruínas de mosteiros, camiño de Santiago e unha perdida con rescate.
Ás 8 da mañá, como de costume, saímos cara a Paradela, recollemos a Dora en Masma para ir por Meira (xa que se adianta), pero o chofer despistounos e ó final fomos por Vilalba. Paramos a tomar café en Portomarín nun bar no que o camareiro non era moi rápido. A maioría comeu unhas magdalenas que despois se arrepentiu de haber comido, pois fixéronselles pesadas para camiñar .
Alá polas 11 chegamos á Paradela e botamos a andar cara Portomarín. Avisei a Dora (que sempre vai diante) de que a esta ruta fixémoslle unha pequena reforma e non vai toda por onde está marcada.
Despois de ver o “Muiño das Pias” (por desgraza, bastante deteriorado) onde Javier e mais Maricarmen se puxeron a facer equilibrio no medio do río, volvemos á ruta e seguimos disfrutando da paisaxe de sabugueiros, castaños, pinos e carballos.
Pouco antes de coller o desvío que nos levaría a Portomarín, Maricarmen, Inma, Juan e un servidor decidimos ir ver as ruínas do mosteiro (ben denominadas como tal, xa que despois de moitas voltas só atopamos un abrevadero e un forno).
Á volta do mosteiro retomamos a ruta, pero Dora xa marchara, e ó chegar o cruce para desviarnos chamámola por telefono para saber da súa situación. Contestounos que estaba uns dous km. máis adiante, polo que tivo que volver sobre o andado.
Ó chegar a Portomarín como vén sendo habitual cando están Inma ou Juan, escanciamos sidra. Despois de comer tomamos o café (pero non onde pola mañá) e xa de volta ensinámoslle ó chofer por onde se vén por Meira.
Ás 6 da tarde estabamos en Ferreira, xa con ganas da seguinte ruta, que será en Vilanova de Oscos.

Angel Rivas

Paso Miúdohttp://www.blogger.com/profile/17097282518186887790noreply@blogger.com0